Entradas

DIVERTÍMONOS CO ACROSPORT!

Os nenos/as do terceiro ciclo do Ceip de San Vicenzo estiveron practicando as habilidades do acrosport, e posteriormente decidiron inventar, de forma cooperativa,  unha coreografía empregando os contidos traballados. A experiencia foi moi gratificante para eles, e o máis importante de todo: pasámolo de marabilla!!! Aquí vos deixamos o resultado:

LIGA DE BRILÉ DE 2º CICLO

Ao longo deste curso escolar celebrouse a liga  de brilé de 2º ciclo de educación primaria. Cunha partipación moi numerosa, os/as nenos/as desfrutaron durante os recreos desta magnífica actividade deportiva, coa que aprenden valores tan importantes para a vida como son :  TOLERANCIA : Cada un de nós é diferente aos demais. SUPERACIÓN : Para acadar as miñas metas. DISCIPLINA:  Para cumplir cos meus deberes. SAÚDE : Facendo deporte, síntome mellor. XOGO LIMPO : Respectamos as regras. AUTONOMÍA : Tomo as miñas decisións. NOBREZA : O deporte, unha escola de vida. AUTOESTIMA : Eu podo facelo. ESFORZO : Afán de mellorar. IGUALDADE : Todos temos os mesmos dereitos. INTEGRACIÓN : Amizade, compañeirismo, formar parte dun colectivo. TRABALLO EN EQUIPO : Axudarnos para mellorar xuntos. RESPONSABILIDADE : Coidar o material é cousa de todos. SOLIDARIEDADE : Dende o deporte, podo axudar a outros. RESPECTO : Cara a ti, cara a eles, cara a min. NON VIOLENCIA : É mellor dialogar. DI

2ª XORNADA DE CONVIVENCIA ESCOLAR NO CEIP LABARTA POSE COS ALUMNOS/AS DE 3º CICLO

Imagen
O 25 de maio, o alumnado de  5º E 6º de primaria, desfrutou dunha xornada de convivencia deportiva xunto co alumnado do Ceip Labarta Pose, en Baio. De 10:20 a 13.00 os alumnos/as  do Ceip San Vicenzo, divididos en catro  equipos, e os os alumnos/as  de 5º e 6º de primaria do Ceip Labarta Poses, xogaron ao balonmán, ao brilé, ao fútbol e ao baloncesto. Foi unha xornada deportiva magnífica, onde ademais de facer moito deporte, os/as nenos/as participantes fixeron novos/as amigos/as. Noraboa a todos/as polo magnífico comportamento deportivo mostrado e esperamos repetir para o vindeiro curso, e como non, gracias aos/ás alumnos/as e profes do Ceip Labarta Pose por ser uns fantásticos anfitrións. 

XORNADA CONVIVENCIA DEPORTIVA CO ALUMNADO DO CPI DE ZAS

O pasado 6 de abril, o alumnado de  3º e 4º curso desfrutaron dunha mañá de deporte conxuntamente co alumnado do Ceip Labarta Pose.Dende as 10:00 ata as 13.00, todos/as os/as alumnos/as de 3º e 4º organizados en catro equipos, xogaron (en partidos de 20 minutos de duración) contra os equipos do Ceip Labarta Pose ao brilé, balonmán, fútbol e baloncesto. Nunha mañán con moita calor, os/as participantes desfrutaron da práctica deportiva ao mesmo tempo que fixeron novos/as amigos/as.Temos que destacar que o comportamento de tódolos/as participantes foi exemplar. . Dende aquí queremos darlle as grazas ao alumnado  a aos mestres/as do Ceip Labara Pose por desprazarse ata o noso centro e facer así posible esta xornada de convivencia deportiva na que tan ben o pasaron os/as nenos/as.

CARREIRA SOLIDARIA SAVE THE CHILDREN

Imagen
Este curso, como ven sendo habitual nos últimos anos, celebramos novamente a "Carreira Solidaria Save The Children". Todos/as os alumnos/as do colexio, divididos por clases, comezando  polos/as máis pequenos/as ata os /as máis maiores, realizaron a carreira solidaria. Os/as máis pequenos/as deron unha volta ao patio, mentras que os maiores deron tres voltas. Cada alumno/a participante aportou a cantidade de diñeiro que considerou oportuna co fin de recadar fondos para axudar aos nenos/as máis desfavorecidos. Dende aquí queremos felicitarvos a todos/as pola gran solidaridade mostrada.

BÁDMINTON - CAMPIONATO COMARCA ALEVÍN 2016-17

       O pasado 4 de abril, 20 alumnos/as de 5º e 6º de primaria do Ceip San Vicenzo, desprazáronse á Serra de Outes para disputar a primeira fase do campionato comarcal escolar alevín de bádminton da zona de Noia. A proba disputouse en horario de 10.00 a 13.30. Tanto os xogadores da categoría masculina, coma os da categoría femenina tiñan que xogar 3 partidos. Os nosos representantes masculinos foron:   Julián Blanco Andrade, Ousman Sarr, Mauro Calzas Moreira, Joel Rojo López, Luís Gabriel Touriñán Silvarredonda, Issac Varela Gándara, Samuel Rodríguez Regueira, Erick Rodríguez Pequeño, Diego Fernández Trillo y  Samuel Suárez García . Por outra banda, as nosas representantes femininas foron:   Paula Andújar Paz, Nuria Castelo Ramos, Manuela Villar Miñones, Claudia Roget Antelo, Sharay Caamaño Oanes, María Mas Baña, Daniela Lema Touriñán,  Lucía Roget Blanco, Paula Pérez Espasandín y Alexandra Romero Pais .   Os partidos disputábanse ao    mellor de 21 puntos.Os/as nosos/as xog

LIGA DE BRILÉ DE 3º CICLO

Imagen
Ao longo deste curso escolar celebrouse a liga  de brilé de 3º ciclo de educación primaria. Cunha partipación moi numerosa, os/as nenos/as desfrutaron durante os recreos desta magnífica actividade deportiva, coa que aprenden valores tan importantes para a vida como son :  ·                      TOLERANCIA : Cada un de nós é diferente aos demais. ·                      SUPERACIÓN : Para acadar as miñas metas. ·                      DISCIPLINA:  Para cumplir cos meus deberes. ·                      SAÚDE : Facendo deporte, síntome mellor. ·                      XOGO LIMPO : Respectamos as regras. ·                      AUTONOMÍA : Tomo as miñas decisións. ·                      NOBREZA : O deporte, unha escola de vida. ·                      AUTOESTIMA : Eu podo facelo. ·                      ESFORZO : Afán de mellorar. ·                      IGUALDADE : Todos temos os mesmos dereitos. ·                      INTEGRACIÓN : Amizade, compañeirismo, formar parte dun